Os 3 mellores lectores de libros electrónicos do mercado

Co avance da tecnoloxía ler converteuse en algo totalmente diferente ao que facían os nosos avós. As pantallas substituíron ao papel e cada vez hai máis xente que prefire ler a través dunha no canto de ter unha publicación física.

Se somos amantes da lectura, seguro que lle botamos o ollo aos lectores de libros electrónicos, dispositivos deseñados especificamente para ler e que substitúen ao libro tradicional dunha maneira máis eficiente. Hoxe querémosvos ensinar os tres mellores que nos podemos atopar no mercado.

Kindle Paperwhite       

                             

Amazon é unha das empresas que máis están a potenciar o uso do libro electrónico. E non é para menos, o seu lector electrónico Kindle é un dos mellores que hai no mercado. Existen moitos modelos con diferentes tamaños e características, pero o máis recomendable é o Kindle Paperwhite, con retroiluminación da pantalla, control táctil e unha superficie de 6 polgadas de tinta electrónica para ler o que queiramos.

Targus Iris 2017

O lector Iris de Targus é un dos mellores en relación calidade prezo. O dispositivo ten unha pantalla táctil HD Carta de tinta electrónica de última xeración e debaixo da súa pantalla de 6 polgadas atópase un sistema operativo Android no  que podemos instalar máis aplicacións das normais nun lector de libros electrónicos.

BQ Cervantes 3

Como o seu nome indica, o BQ Cervantes é un dispositivo feito en España que nada ten que envexar o resto. Ten a vantaxe de que ao ser español, a garantía é moito máis eficiente, pero tamén ten unhas características nada desdeñables: pantalla de 6 polgadas, resolución de 300 ppp e 8GB de almacenamento interno máis unha ranura de microSD.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.