Saca partido ao teu vello ordenador con estas mini distribucións Linux

A tecnoloxía vai moi rápido e a maioría dos nosos dispositivos sofren da chamada obsolescencia programada, o que quere dicir que se estragan sós pasados uns anos ou deixan de servir para o que queremos debido aos avances que se realizaron.

Con todo, en moitas ocasións temos dispositivos nas nosas casas que funcionan perfectamente, o que ocorre é que non sabemos que facer con eles para poder continuar realizando tarefas básicas que antes si podiamos facer con eles. Unha solución moi simple está en instalarlle unha pequena distribución Linux, a cal nos pode axudar a revivir ese computador que criamos que xa era inservible.

Que é unha distribución Linux?

A grandes liñas, unha distribución Linux é unha colección de programas que van no mesmo paquete que o sistema operativo Linux. Normalmente, estas aplicacións e o propio sistema veñen optimizados para un rol: instalarse en equipos antigos (como é este caso), especializarse en edición de vídeo, converterse nun servidor…. etc

Hoxe querémosvos recomendar pequenas distribucións de Linux que poden instalarse en case calquera computador, tanto un que ten 5 anos como outro que ten 15.

BasicLinux

Se tes un portátil moi antigo, BasicLinux pode ser a túa distribución. A súa instalación ocupa unicamente 2,8MB e desde a súa web prometen que, con este espazo, pódese navegar e enviar correos sen ningún tipo de problema. É compatible con procesadores 386 e só necesita 3MB de RAM para funcionar.

SliTaz

Esta distribución é algo máis grande pero é unha das máis populares. Require 80MB no noso disco ríxido e 256MB de RAM, pero a cambio dános unha interface gráfica moito máis amigable e a posibilidade de instalar case calquera tipo de software.

Void

Void é unha aposta de orixe española de distribución lixeira e sen moitas complicacións. Require tamén 350MB de espazo en disco para ser instalado e ten como característica principal un sistema de arquivos propio, o que o fai que o seu rendemento creza fronte a outras apostas. É compatible con gran variedade de dispositivos, desde arquitecturas x86 ata MIPS.

Linux Lite

Esta distribución está pensada para equipos modestos que non teñan máis de 5-8 anos de antigüidade. Linux Lite é unha distribución baseada en Ubuntu que necesita un procesador de 700Mhz e 512MB de RAM para funcionar. A cambio dános todas as funcionalidades que un computador poida necesitar: ofimática, navegador, multimedia….

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.