SSD vs. HDD: cal disco duro é mellor para nós

Á hora de gardar os nosos datos o mundo da informática dános múltiples opcións para facelo. Podemos gardar na nube, en pendrives, en DVD e en discos duros. Á hora de adquirir un destes últimos, un disco duro, pódenos asaltar a dúbida de que tipo escoller: SSD ou HDD.

Segundo para que vaiamos utilizar o disco duro, é conveniente escoller un ou outro tipo. E é que non só inflúe o prezo e a almacenaxe, tamén como imos tratar os datos e que imos facer con eles. Hoxe contámosche cales son as súas diferenzas e o principal que debes saber para escoller un ou outro tipo.

SSD ou HDD?

SSD e HDD son os dous principais tipos de disco duro que nos podemos atopar no mercado. HDD son, dicíndoo claramente, os discos duros de toda a vida, os que levaron desde hai décadas os computadores. Son discos que utilizan uns discos magnéticos para almacenar os datos e unha parte mecánica para ler e gravalos. O SSD é, se traducimos as súas siglas do inglés, un disco duro de estado sólido. Baséase en chips interconectados que son capaces de almacenar os datos.

Cal é mellor? Vantaxes e inconvenientes

Non se pode dicir que tipo de disco duro é mellor. Na actualidade os HDD son moito máis baratos e posúen moita máis capacidade que un SSD, xa que cando nos imos a capacidades de almacenaxe altas (por encima de 500GB), os SSD soben moito de prezo e son case inasumibles.

Por outra banda, os SSD son máis rápidos, máis pequenos, máis silenciosos e con acceso máis rápido aos datos que os HDD. Na súa contra hai que dicir que se o disco non é de calidade, adoita ser habitual que deixen de funcionar sen razón aparente.

Cal escoller entón? Se queremos velocidade e un disco pequeno para levar onde queiramos, a nosa opción ten que ser un SSD. Pero se queremos gran almacenaxe, o HDD ten que ser o disco duro elixido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.