Tres aplicacións para acceder ao noso ordenador de maneira remota

En moitas ocasións temos que saír do noso lugar de traballo (sexa a nosa casa ou a oficina) para asistir a reunións, realizar viaxes ou facer visitas a clientes. Se queremos aproveitar ao máximo a nosa xornada laboral, traballar de maneira remota é unha opción, pero en moitas ocasións facelo pode ser unha tarefa tediosa e complicada.

E é que traballar de maneira remota non significa só poder acceder ao noso correo ou á intranet da nosa empresa, se non que en ocasións tamén necesitamos acceder ao noso computador. Hoxe ensinámosvos tres aplicacións que fan que acceder ao noso computador de maneira remota sexa unha tarefa sinxela e efectiva.

Escritorio remoto de Google

Google converteu o seu navegador Chrome nun centro de aplicacións moi potente. Unha delas é este chamada Escritorio remoto, a cal traballa como unha extensión do navegador (e unha aplicación no noso computador) e permítenos acceder aos arquivos do noso computador de maneira moi directa.

Traballa a través a nosa conta Google, polo que nos podemos esquecer de utilizar a dirección IP e redireccionadores para atopar o noso computador. A aplicación está dispoñible para todos os sistemas operativos (funciona a través do navegador) e tamén para o noso móbil ou tablet, e é gratuíta en todas as súas versións.

Escritorio remoto de Microsoft

A empresa de Bill Gates non queda atrás á hora de ofrecernos servizos de acceso remoto para o noso computador. Escritorio remoto de Microsoft permítenos conectarnos a través do noso smartphone ou tablet ou outro computador de maneira gratuíta, tan só ten que ser un sistema Windows compatible.

A aplicación está dispoñible na tenda de aplicacións de Microsoft.

Teamviewer

Teamviewer é un vello coñecido para os usuarios afeitos ao traballo de maneira remota. Permítenos compartir a pantalla con case calquera ordenador e é gratuíto se o usamos de maneira persoal. Teamviewer é compatible con todos os sistemas operativos e tamén dispón de aplicación para sistemas operativos móbiles.

O que diferencia a Teamviewer dos seus competidores é que permite compartir arquivo cifrados de maneira moi sinxela, ademais de ter unha interface clara e accesible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.