Tres programas para facer en Windows unha copia de seguridade do teu disco duro

Copias seguridade en Windows

Unha das cousas máis importantes que temos no noso computador son os nosos datos. Fotografías, vídeos, información bancaria… na actualidade todos temos información que non queremos que se perda do noso disco duro. Por esta razón, unha práctica case obrigatoria é a de facer copias de seguridade do noso disco duro cada certo tempo.

Como facer copias de seguridade? Antigamente era un proceso bastante tedioso e lento, pero na actualidade hai programas e sistemas que podemos usar que nos facilitan esta práctica tan necesaria. Hoxe ensinámosvos 3 programas para Windows para facer unha copia do noso disco duro nun arquivo de imaxe o cal podemos utilizar para restaurar os nosos datos en caso de perda.

Macrium Reflect

Un dos mellores programas para facer imaxes do noso disco duro. Rápido e fiable, ten como característica que permite facer copias de seguridade diferenciais de maneira sinxela. As copias diferenciais teñen como característica que ao facer sucesivas, as seguintes non ocupan tanto ao ter unicamente os arquivos novos ou cambiados desde a última copia de seguridade.

(Páxina oficial)

ODIN

Fácil, rápido e sinxelo. Realiza imaxes do noso disco duro en formato IMG e permítenos restauralas cando queiramos. Ten poucas opcións de configuración, pero a máis interesante é que permite comprimir os datos para que as imaxes do disco duro ocupen menos.

(Páxina oficial)

HDClone

Un programa que na súa versión gratuíta permítenos facer unha copia exacta do noso disco duro. Como característica principal é que é compatible con unidades de disco internas como as externas. Ademais, permite ser arrincado desde un USB ou un disco DVD, facilitando moito as cousas en caso de perder o sistema operativo.

(Páxina oficial)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.