Volta ao cole! 4 apps para facilitarche o día a día

Volver á rutina nunca é unha tarefa fácil: os nosos horarios están descompensados, o noso corpo está habituado a outras actividades e ao cerebro cústalle poñerse ao choio co traballo. Isto todo ocórrenos, á maioría, a comezos de setembro coa chamada “Volta ao cole”, onde nenos e adolescentes volven aos seus quefaceres, asemade dos adultos que deixan atrás as vacacións para comezar un novo curso laboral.

Pero esta volta non ten que ser tan traumática, xa que nos podemos axudar das tecnoloxías para conseguir coller ese ritmo que nos falta. Hoxe traemos 4 apps que nos poden axudar nesta tarefa.

myHomework App

Se es dos que lle custa volver organizarse, con myHomework App poderás volver facelo dunha maneira moi clara. Esta aplicación permítenos facer horarios, listas e planificar alarmas dunha maneira moi clara. Traballa como un planificador ao uso, pero está adaptado ás necesidades de todo tipo de estudantes.

Ten un plan gratuíto e está dispoñible para iOS e Android e tamén para Mac e Windows.

AB Math Lite

Ao teu fillo pequeno o verán deixoulle as matemáticas un pouco oxidadas? Pois con AB Math Lite pode volver engrasar a parte matemática do cerebro dunha maneira moi divertida. A través de xogos, a aplicación lembra todos os conceptos básicos de matemáticas para que se lembre antes de volver ao colexio.

Está recomendado para nenos de 5 a 10 anos e está dispoñible para iOS e Android.

iCuadernos

Quen non lembra aqueles cadernos pequenos Louro que nos facían facer de pequenos? Pois iCuadernos é a versión deses cadernos pequenos en app. Ortografía, matemáticas, cores… a aplicación dispón dunha infinidade de temas onde os nenos poden ir practicando antes de comezar o colexio.

 

A aplicación está deseñada para ser utilizada en tablet e está para descargar para Android e iOS.

 

Evernote

 

Non todo ían ser aplicacións para menores de idade nestas suxestións. Se nos custa coller o ritmo na volta á normalidade, Evernote é o mellor organizador que podemos ter no noso smartphone. Dispón de listas, anotacións, separación por proxectos, almacenamento de arquivos, gravación de audio e centos de características máis que convérteno nunha instalación obrigada se queremos organizarnos co noso smartphone.

 

Evernote ten plan gratuíto e está dispoñible para Android e iOS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.