Aprende a facer contrasinais fortes con esta ferramenta

Cando falamos de seguridade, un dos temas máis básicos e nos que se insiste máis a miúdo é na seguridade dos nosos contrasinais. Ter as nosas contas protexidas cun contrasinal moi difícil de adiviñar é algo que todos debemos facer para que non entren nos nosos servizos.

Ter un contrasinal seguro é algo relativamente sinxelo, tan só temos que mesturar maiúsculas, minúsculas, números e símbolos para que sexa case imposible de adiviñar por métodos de forza bruta. Pero se non estamos seguros de como facela, a Universidade  Carnegie- Mellon creou unha web que mostra como crear claves seguras.

Ao parecer esta web, á que podemos acceder nesta ligazón, utiliza unha rede neuronal para buscar en grandes bases de datos con contrasinais e, desta maneira, atopar tendencias na creación das mesmas. Así cando introducimos o noso contrasinal, a web é capaz de ver o que fixemos e facernos recomendacións  e suxestións para que o noso contrasinal sexa o máis segura posible.

Por exemplo, unha das estratexias máis habituais nos contrasinais é a de cambiar as vogais por números (o o por un 0, a I por un 1, o A por un 4…). A web é capaz de detectar esta tendencia e dicirnos que o cambiemos, así o noso contrasinal X3nT3Dix1t4L dinos que é moi sinxela de descubrir e recoméndanos poñer símbolos no medio e máis vocais, converténdoa en X3Nte.d1xiT;4L; un contrasinal algo máis complexo pero moito máis complicada de descubrir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.