Así podería ser a nosa calefacción: servidores de datos como emisores de calor

Cando o frío chega toca gastar o diñeiro en horas de calefacción para estar o máis a gusto en casa. Pero aínda que a maioría de nós utilizamos  calefactores ou radiadores, hai unha nova forma de quentarnos que pode acabar sendo unha gran solución: os servidores.

 

Que é un servidor? Simplemente un computador que ten como función específica aloxar páxinas web ou sistemas complexos. Estes dispositivos ao estar a traballar todo o tempo despiden moita calor, o cal pode ser reutilizado para quentar unha habitación e, mesmo, a nosa casa.

Isto é o que ofrece empresas como  Cloud&Heat, que che instala un armario cun servidor na túa casa e utiliza a calor xerada para quentar estancias e mesmo auga. Segundo a empresa, utilizar este sistema pode aforrar ata 40.000€ ao ano en xeración de calor, ademais de permitir que os donos dos servidores aforren tamén bastante ao non ter que utilizar sistemas de refrixeración para que non se estraguen.

Cal é o pero? Por que non o estamos utilizando todos? Pois porque a instalación deste sistema non é nada sinxela. Segundo a empresa, custa 12.000€ instalalo pero todo o mantemento corre ao seu cargo durante 15 anos.

Hai outras empresas que ofrecen servizos similares por menos prezo, pero o certo é que, se non nos dedicamos a algo co que necesitemos eses servidores, reutilizar a calor que xeran para quentarnos aínda está lonxe de que o podamos usar na nosa casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.