Así se vixilará a Terra grazas a 50 microsatélites xaponeses

Unha das temáticas máis recorrentes na ciencia ficción é a historia de como os gobernos e as empresas serán capaces de espiarnos grazas aos satélites que orbitan ao redor da Terra. Pero o que non nos damos conta é que esta suposta vixilancia, pode utilizarse para estudar os cambios no planeta e predicir eventos como inundacións, terremotos e mesmo aludes de neve.

A empresa xaponesa Axelspace embarcouse nunha aventura que permitirá vixiar a Terra grazas a estes satélites. En colaboración coa Axencia Espacial Rusa, esperan poñer en órbita nos próximos anos 50 microsatélites capaces de vixiar a Terra.

Estes microsatélites, que non pesan máis de 50 quilos, terán sensores de imaxe capaces de colleitar información de ata 2,5 metros, podendo desta maneira ser capaces de monitorizar case todo o que ocorre no planeta: dende un accidente, pasando por un asalto en alta mar ou a evolución do crecemento dos cultivos de arroz ao longo dos meses.

Desde a empresa aseguran que o lanzamento destes 50 microsatélites non ten como obxectivo ser unha plataforma de espionaxe, xa que a resolución das cámaras que levarán os microsatélites impediralles identificar as persoas. O único obxectivo desta rede de microsatélites será realizar fotografías diarias do planeta, poñendo estas fotografías a disposición, previo pago, de todo profesional, empresa ou axencia que o necesite.

Axelspace espera ter a rede dispoñible a partir de 2022, pero será en 2018 cando poderemos ver unha primeira fase na que se dará acceso a algúns lugares selectos do planeta. Quen sabe, así poderemos controlar os marcos das nosas fincas dunha vez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.