Cinco aplicacións que nos demostran para que pode servir a realidade virtual

Hai pouco máis de dous anos que o mundo da realidade virtual chegou á palestra da tecnoloxía. Desde aquela, non hai día no que algún tipo de sistema prometa levar o mundo da realidade virtual ás nosas casas. Lamentablemente, a maioría de apostas vanse quedando polo camiño son ofrecernos unha solución acorde a todos os gustos e mercados… ata agora.

Por que dicimos ata agora? Pois porque unha das empresas que máis aceptación polo público ten, Apple, decidiu apostar pola realidade virtual a través dun kit de programación que os programadores xa comezaron a usar. Este kit está dirixido a que se probe o máximo posible para despois aplicalo en contornas reais como poden ser os nosos iPhone ou iPad. E o certo é que comezamos a ver cousas moi interesantes.

Medir as distancias

Simplemente grazas ao noso teléfono móbil poderemos medir distancias no mundo real. Como podemos ver no vídeo, tan só temos que poñer un punto de referencia e mover a cámara a través da superficie que queremos medir.

 

Arte

Se temos un espírito artista tamén nos podemos valer da realidade virtual para facer as nosas obras. Un exemplo é este programador que cunha simple cunca de café creou un pequeno océano dentro dela conseguindo unha bela imaxe.

Decorar a nosa casa

Como vai quedar este sofá na miña casa? Grazas a esta aplicación poderemos ver directamente, e sen comprar o moble, como vai quedar o que queremos comprar, e dunha maneira completamente realista e sen necesidade de viaxar á tenda.

Ver a comida antes de pedila

Imaxinemos que estamos nun restaurante e queremos pedir un prato para compartir, pero non sabemos exactamente como de grande é a ración. Coa realidade virtual poderiamos ver o tamaño exacto do prato, así como o seu aspecto teórico antes de pedirllo ao camareiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.