Criptomoedas, que son e por que están tan de moda

Bitcoin,  Ethereum,  Litecoin. Seguro que algún destes tres nomes sóanche de escoitalos nalgunha conversación en Twitter, con amigos ou no telexornal. Da primeira,  Bitcoin, falamos xa aquí en  Xente Dixital, pero desde aquela choveu moito e hoxe en día hai tantas criptomoedas que é fácil perderse nelas.

Que son as criptomoedas?

Como o seu nome indica, unha  criptomoeda é un medio de intercambio como o é na actualidade o euro ou os dólares. A súa principal característica é que se utilizan complexos mecanismos de  criptografía para xerar novas unidades (novas  criptomoedas que chegan ao mercado) e, para facer intercambios, tamén é necesario realizar cálculos  criptográficos complexos para  cerciorar a seguridade da transacción.

A criptomoeda é intanxible, é dicir, válese da tecnoloxía para existir e en ningún momento temos moedas ou billetes físicos cos que pagar. En cambio, existen moedeiros electrónicos que nos permiten almacenalas, así como sistemas web que son compatibles con este tipo de pagos e permítenos comprar con elas.

Ademais, outra dass súas principais características é que son descentralizadas, é dicir, as novas moedas que saen ao mercado créanse mediante complexos cálculos con computadores os cales, segundo o caso, custan cada vez máis e máis facerse. Por tanto, non están suxeitas ao que diga un banco central, senón que é o propio mercado o que se autoregula e fixa o seu valor segundo sexan máis ou menos interesantes.

Por que están tan de moda?

Por varias razóns, pero podemos resumilas en tres: moda, especulación e necesidade de rebelión. Moda porque no mundo da tecnoloxía hai unha necesidade #imperiosade utilizar todo o novo, e agora mesmo as  criptomoedas son o que está na fala da xente. Especulación porque ao ser unha moeda non controlada, están a moverse grandes cantidades de diñeiro (de procedencias escuras) sen que ninguén poida facer nada por evitalo. E necesidade de rebelión porque está na mente de moitos que a economía mundial está controlada por uns poucos e tense a idea que coas criptomoedas pódese cambiar esa situación.

Debo investir en criptomoedas?

Se é a primeira vez que escoitas falar delas a resposta é non. Este mundo é demasiado complexo e cheo de fochancas para que calquera poida investir os seus aforros nel. Se queres investir en  bitcoin,  ethereum ou calquera outra, recomendamos ler moitos artigos, visitar moitos foros e preguntar a moita xente para saber exactamente que se está facendo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.