Economía colaborativa: que é e onde podes utilizala

Economía colaborativa é un termo que leva estando na fala da xente durante moito tempo. Pero sabemos o que é exactamente? A economía colaborativa, tamén chamada consumo colaborativo, defínese como a interacción entre ou dúas máis persoas da cal sacan un proveito mutuo ante unha necesidade real.

Onde podemos atopar economía colaborativa? Aínda que existe desde hai moitos anos, a tecnoloxía deu a este tipo de economía un ecosistema no que se desenvolveu de maneira exponencial nos últimos anos. Así podemos atopar economía colaborativa nos medios de transporte, en solucións habitacionais ou relacionada coa alimentación. Case todo vale dentro deste mundo.

Exemplos de economía colaborativa hai moitos, pero o certo é que na actualidade sistemas para compartir casa ou transporte son os máis populares. Aínda así, existen moitas máis opcións que podemos escoller se cremos que son para nós. Aquí mostrámosvos uns exemplos:

  • Airbnb: o sitio para compartir casa por excelencia. A idea orixinal de Airbnb é alugar parte ou a túa casa enteira cando ti non a utilizas.
  • BlaBlaCar: fas unha viaxe moi a miúdo só? Pois grazas a BlaBlaCar podes compartir gastos de viaxe con xente que fai a túa mesmo traxecto.
  • Sharing Academy: se es universitario e gústache ensinar, podes ofrecer os teus servizos a outros que necesitan (ou pedilo se ti es o que o necesita)
  • Compartoplato: se che gusta cociñar e convidar xente a comer á túa casa, con esta web podes ofrecer un sitio na mesa para que coman contigo.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.