Historia tecnolóxica: VHS vs. Betamax

vhsbetamax

Cando pensamos en guerras, a nosa mente vaise a crueis enfrontamentos con armas, feridos e mísiles por todos os lados. Pero ás veces hai que pensar máis aló e darnos conta que guerras hai en todos os mundos, e o tecnolóxico non se librou delas.

Hoxe na nosa primeira entrega de fragmentos de historia tecnolóxica, queremos lembrar algo que a moitos queda moi lonxe: a batalla entre os formatos VHS e Betamax. Algo que na década dos 80 e 90 estivo moi en boga e que desencadeou grandes perdas de diñeiro tanto a usuarios como a empresas.

Pero comecemos polo principio.

VHS e Betamax, que son

Nos anos 70 Sony e JVC empeñáronse en lanzar o que daquelas chamouse vídeo caseiro. A súa intención inicial era introducir un sistema, de corte analóxico, que permitise a través de cintas gravar o que se emitía por televisión. Así é como naceron en 1975 por parte de Sony o formato Betamax e en 1976 por parte de JVC o formato VHS.

Dous formatos con ideas moi similares pero á vez moi diferentes. Betamax tiña unha tecnoloxía un pouco máis avanzada que VHS, mostrando unha calidade moito máis nítida que o seu competidor e un son que, segundo os expertos, dáballe unhas cantas voltas ao formato de JVC. Na contra, Betamax permitía menos tempo de gravación (unha hora fronte a dúas) e era bastante máis caro que VHS.

A batalla

Naquela época, un ano de diferenza nun lanzamento non significaba nada. Betamax e VHS competiron a matar polo mundo do vídeo caseiro e, a pesar de que houbo moitos defensores de Betamax, o formato VHS foi o vencedor impoñéndose con fartura á invención de Sony.

Que foi o que fixo que VHS gañase? A pesar de que tiña moita menos calidade de vídeo e son, os consumidores valoraron moito que se puidese gravar o dobre de tempo que en Betamax. Ademais, Sony era moi celosa á hora de licenciar a súa tecnoloxía, polo que ao existir poucos fabricantes dos seus dispositivos, os prezos eran moi elevados. Todo o contrario ao que fixo JVC, que concedeu licenzas a todo o mundo, conseguindo tirar os prezos e, desta maneira, ser máis barato que Betamax e impoñerse na guerra imposta.

As lendas urbanas din que tamén foi a non existencia de películas para adultos en Betamax foi a estocada final para que perdese. Non hai datos que o contrasten, pero o certo é que se ías a un videoclub naquela época, o número de cintas VHS triplicaba ás de Betamax.

Como curiosidade, dicir que Sony parou a fabricación de cintas Betamax en marzo de 2016 porque si, aínda había xente que as compraba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.