Roborace, así son as carreiras de coches autónomos que queren competir coa Fórmula 1

Cando pensamos en competicións de motor, xa sexa de dous ou catro rodas, sempre poñemos a unha persoa aos mandos arriscando a súa vida a velocidades impensables no día a día. Pero, e se quitamos esa variable? Nun mundo tan dominado polos automatismos, era cuestión de tempo que tamén se metesen no mundo das competicións a motor. E aí é onde tenta facer o seu oco Roborace.

Roborace é unha nova competición onde 10 equipos con 2 coches cada un compiten entre eles para ser o gañador da carreira. Este tipo de carreira ten dúas características que a afastan das demais, a primeira é que todos os coches son exactamente iguais a nivel mecánico e a segunda, e máis importante, é que os coches son completamente autónomos, é dicir, que conducen sós durante toda a carreira.

Se nos gusta a parte tecnolóxica, os 20 coches posúen catro motores eléctricos cunha batería de 540 kWh incorporada. Grazas a estes motores os bólidos son capaces de chegar ata os 320 quilómetros de velocidade punta, grazas á súa aerodinámica e o tipo de software que levan incorporado. Á parte do motor, internamente os motores teñen un centro de procesamento de NVIDIA (a empresa famosa polos seus cartóns gráficos), a cal é capaz de tomar ata 24 trillóns de decisións por segundo grazas a numerosos sensores, receptores e cámaras que ten o coche incorporado.

Unha vez coñecidas as especificacións podémonos preguntar se son autónomos onde está a gracia da carreira? O certo é que cando se elimina ao condutor perdemos esa parte de habilidade e pericia que teñen as carreiras, pero temos que pensar de maneira moito máis tecnolóxica: o interesante está no software incorporado. Os equipos teñen que realizar o seu propio software e incorporalo ao coche, valorando todas as variables que se pode dar durante as carreiras e crear un algoritmo o suficientemente correcto para que o coche sexa capaz de conducir correctamente durante toda a carreira e, por suposto, gañar.

As carreiras de Roborace comezarán a aparecer como introdución aos grandes premios de Formúla E, a competición da FIA de coches eléctricos. Veremos se estes coches son capaces de afrontar circuitos tan rápidos como o de Monza, ou tan complicados como Mónaco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.