Tecnoloxía do presente futuro. Os asistentes persoais están aquí: Amazon Echo e Google Home

Amazon Echo y Google Home

Cando viamos hai uns anos no cinema como HAL 9000 desenvolvía unha personalidade propia e secuestraba ao seu dono na súa propia casa, moitos pensabamos que aínda faltaba moito para que existisen ese tipo de dispositivos. E aínda que pasaron xa uns cantos anos daquel título de ciencia ficción, ter un asistente persoal que automatice todo na nosa casa é algo que vai a estar á orde do día nos próximos anos.

Google Home e Amazon Echo son dous dispositivos que se queren coar nas nosas casas e escoitar todo o que dicimos. Esta frase pode soar un pouco extrema, pero o certo é que é certa: os dous dispositivos fabricados por Google e Amazon axudarannos en múltiples tarefas da casa e nós tan só teremos que ordenarllo mediante a nosa voz.

Amazon Echo, o primeiro

Amazon Echo

Amazon Echo

Este dispositivo creado por Amazon foi o primeiro en aparecer nos fogares de todo o mundo. Dispoñible na actualidade en Estados Unidos e Reino Unido, Amazon Echo é un dispositivo con forma cilíndrica que se mantén todo o tempo escoitando o que dicimos á espera que lle deamos algunha orde. É capaz de buscar datos na internet, poñer música en toda a casa (cos dispositivos compatibles adecuados), subir a calefacción ou facer a compra semanal.

Amazon Echo baséase no coñecido motor de procuras Alexa e segundo prometeron, co tempo será capaz de facer moitas máis cousas que nos farán a vida máis automática. Iso si, ten que estar sempre conectado á corrente e á conexión Wifi da nosa casa.

Google Home, o competidor

Google Home

Google Home

Como non podía ser doutra maneira, o xigante da tecnoloxía tamén se quere meter na nosa casa. Google Home é o nome do dispositivo que quere competir con Amazon Echo e, a pesar de que aínda non está dispoñible (foi presentado o pasado Mércores), promete que vai facer todo o de Amazon e moito máis.

Da mesma maneira que Echo, Google Home estará sempre a escoita da nosa voz e será capaz de, se llo mandamos, acender luces, facer procuras na internet ou activar un son no noso teléfono móbil no caso de que o perderamos. O dispositivo fará uso de toda a potencia dos múltiples buscadores de Google, e sincronizarase coa nosa conta para que podamos gozar de todas as características que ofrecen os servizos de Google.

Son os asistentes persoais o futuro? É bastante probable que si. Pero ata que sexan capaces de facernos o almorzo e traérnolo á cama aínda faltan uns cantos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.