Xogos para aprender linguaxes de programación

Agora que entrou o verán é o momento de que os rapaces e rapazas da casa aproveiten as vacacións para o lecer. Apostar pola programación entre os cativos e cativas é darlles a oportunidade de que poidan crear o seu propio contido, non so consumilo.

Neste espazo ofrecemos algúns xogos de ordenador para que poidan ir aprendendo, dende cativos, a programar.

ScratchBlogLogo

Scratch

Scratch é unha aplicación do MIT completamente gratuíta que leva en funcionamento dende 2006. Pode funcionar dende o navegador, pero tamén ten versión offline instalable.

Está orientado a nenos de entre 8 e 16 anos, pero a partires dos seis anos xa é posible facer cousas interesantes.

O mellor é a súa comunidade de usuarios; comparte proxectos e experiencias, e enriquecen moito este entorno de programación orientada á creación de xogos e animacións para nenos.

url

CodeCombat

CodeCombat é un xogo multixogador en liña que axuda a aprender da maneira máis divertida posible. Para xogar necesitas crear unha conta, podes escoller entre máis de 110 clases dispoñibles para a subscrición gratuíta (tamén hai unha de pago).

A partir de 9 anos xa é moi aconsellable o xogo, e é apto tamén para adultos xa que non se necesita saber programar previamente.

A web está en inglés, pero hai versións en español incompletas grazas á tradución de xogadores en todo o mundo.

CodeOrg

Code.org, a “hora do código”

É unha iniciativa que aposta por introducir a teoría da computación nas escolas. ‘Code’ (código) está dirixida a estudantes de Estados Unidos, aínda que dispón dalgúns contidos en castelán. No seu sitio web, un vistoso titorial gratuíto amosa a través dun xogo do estilo Angry Birds como se ensina “unha hora de código”.

Tes nenos ou nenas na casa? Pois ensínaos xa de pequenos. “O programar non ocupa lugar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.