De visita á aula CEMIT… de Oroso

Hoxe viaxamos, como cada mes, a unha das aulas Cemit que temos espalladas por toda Galicia. En Oroso acóllenos Miguel Anxo Gómez Mosquera, responsable da aula… e responsable tamén da mellora da empregabilidade dos seus veciños, grazas ás novas tecnoloxías.

Miguel Anxo, Gómez, Profesor Administrador da Aula CEMIT

Miguel Anxo, Gómez, Profesor Administrador da Aula CEMIT

Como é a experiencia dunha Aula Cemit nunha zona rural como a túa, Miguel Anxo?

Dada a situación con respecto ás novas tecnoloxías no noso entorno a experiencia convértese nunha necesidade atendendo aos perfís formativos mais demandados. Atopamos usuarios buscando alfabetizarse dixitalmente para incorporarse ao mundo laboral  ou para mellorar en certos ámbitos a súa formación e incluso usuarios que o único que pretenden e crear un CV dixital para poder participar en algunha oferta que aparece na rede. Gran parte dos usuarios transmiten a sensación de necesidade cando veñen á aula a preguntar por algún curso e neste sentido a experiencia convértese en preocupación por tentar atopar solucións que atallen este problema.

Ben diferente e a experiencia co perfil de persoas maiores que veñen a busca de novas experiencias e entretemento o que converte as actividades en momentos de satisfacción polo traballo que se está a levar a cabo.

A fenda dixital… é un mito ou unha realidade?

Case respondo na anterior pregunta. A fenda dixital é unha realidade na nosa sociedade. Desde Oroso ofertamos máis de 150 cursos de diferentes ámbitos pero os máis demandados continúan a ser os de introdución á informática e iniciación a internet. Os usuarios teñen que enfrontarse á unha boa cantidade de trámites en liña e a un uso habitual de aplicativos na rede e, en moitos casos, non son capaces de conseguir resultados satisfactorios. Por este motivo a alfabetización dixital básica segue a ser unha das principais necesidades a superar e, en relación coa pregunta anterior, está directamente relacionada coas características do entorno, cos perfís laborais que existían ata o de agora e que deben reciclarse para poder integrarse de novo a estrutura laboral.

En que medida a aula Cemit de Oroso contribúe á empregabilidade dos veciños?

O certo é que a Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso realiza a maioría de actividades formativas e proxectos co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos seus usuarios. Desde a aula tratamos de mellorar a situación de dous grandes problemas aos que nos enfrontamos, o fracaso escolar e o desemprego. É unha resposta que debería dar os usuarios pero espero que a maioría deles se vexan favorecidos nos seus empregos polos coñecementos adquiridos nos diferentes cursos ou proxectos levados a cabo desde a aula.

IMG_20160304_111344

Como é a acollida das actividades que realizades na aula?

O certo é que temos actividades con unha gran acollida e actividades ás que nos costa cubrir as prazas ofertadas. Está moi relacionado co perfil do noso entorno. Para os cursos de alfabetización dixital habitualmente as prazas remátanse en un par de días pero para cursos con contidos específicos sobre unha área concreta costa un pouco mais chegar aos usuarios. Gustaríame ter unha maior capacidade de difusión para que todos os usuarios que necesiten formación coñezan a Aula CeMIT de Sigüeiro – Oroso que integra o proxecto Aula Mentor e na que se poden realizar máis de 170 cursos de xeito presencial, por videoconferencia ou en liña.

Grosso modo, cantos usuarios ten a Aula Cemit de Oroso?

Pola aula levan pasado unha gran cantidade de usuarios. No rexistro da Aula CeMIT temos mais de 550 usuarios e no da Aula Mentor mais de 750. Coido que con un pouco máis de difusión poderíamos chegar a bastantes máis usuarios que poidan beneficiarse dos servizos que se ofertan.

Con esa cantidade de alumnos tes que ter algunha anécdota interesante!

O certo e que si, podería contar un montón de detalliños que ocorren na aula sobre todo co perfil de persoas maiores e os primeiros achegamentos ao uso das novas tecnoloxías e coñecer o uso do rato. Descubrir que son eles os que manexan o rato e que se pode levantar para colocarse nunha postura cómoda sen necesidade de que sexa ao contrario é bastante habitual nos primeiros contactos.

Cales son os cursos que máis demanda teñen?

Como comentaba anteriormente os cursos con máis demanda aínda son os de alfabetización dixital. O uso do ordenador e os primeiros pasos en internet son os máis demandados. Desde a aula tratamos de ofertar novos cursos sempre sen esquecer a gran necesidade da denominada fenda dixital.

De feito, gustaríame deixar algunhas ligazóns para complementar mellor o exposto ao longo da entrevista, e que aos lectores lle poden resulta de interese

1 comentario

  1. Ofelia de Bartolomé

    Sorprende la calidad con que imparten los cursos en el aula de Oroso y que incita a querer aprender mas cada día. Sobre todo a gente mayor que tenemos la novedosa necesidad de comunicarnos con nuestros descendientes peregrinos por el mundo. Gracias Miguel Anxo, nuestro líder.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.