O Software Libre supera ao Privativo nas empresas TIC galegas

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), vén de publicar dous estudos sobre “O uso de Software libre nas empresas e no sector TIC de Galicia. Ano 2015”.

logo_osimgaO uso dos Software Libre nas empresas galegas de +10 traballadores sitúase no 85%, por riba doutras Comunidades Autónomas como Madrid, Cataluña ou o País Vasco. No caso das microempresas a porcentaxe de uso é menor, aínda que segue a incrementarse respecto a 2014, e acada o 52,1%.

En canto ás empresas informáticas galegas, o uso do Software Libre crece en 2 puntos respecto ao ano anterior e sitúase no 86,7%.

En termos evolutivos, os datos dos estudos amosan tamén que o uso do Software libre nas empresas informáticas galegas, aumentou 3,8 puntos nos ordenadores e 3,6 puntos nos servidores. Cómpre salientar que a porcentaxe de empresas informáticas con servidores que empregan sistemas operativos libres supera a porcentaxe das que empregan sistemas operativos privativos.

Os programas libres con maior implantación nas empresas galegas seguen a ser os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas.

osimga_1

 

 Onde gaña o Software Libre?

O Software Libre é maioritario, cunha diferenza substancial, no que se refire a software para a “Xestión de contidos web”, superando ao Privativo en 16,7 puntos porcentuais. As aplicacións de Software Libre para a “Educación e formación a distancia”, “Desenvolvemento de software” e “Aplicacións de deseño gráfico” superan tamén ás correspondentes aplicacións de Software Privativo.

Onde gaña o Software privativo?

O Software Privativo supera amplamente ao Libre no caso das aplicacións: “Xestión de correo”, os “Antivirus e seguridade”, “Ofimática” e a “Xestión empresarial”.

 

Estes estudos enmárcanse nas actuacións de impulso do Software libre que se establecen no Plan de Acción Software Libre anual que desenvolve a Amtega, e podes consultalos aquí: “O software libre nas empresas” e “O software libre nas Empresas Informática”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.