O vídeo en horizontal ou vertical? Snapchat prefire o circular

Vídeo circular Snapchat

Unha das maiores polémicas nas plataformas de vídeo online é a loita que existe contra as persoas que gravan en posición vertical. Os detractores desta posición adoitan argumentar que os monitores están en horizontal e a nosa visión, de maneira natural, o está tamén. Na outra banda, empresas como Snapchat e Periscope optaron por ofrecer o contido en vertical, debido principalmente á formal normal de agarre do teléfono móbil e como unha forma de diferenciarse das demais plataformas.

Aínda que esta “guerra” está lonxe de solucionarse Snapchat, como participante activo desta loita, presentou unha solución moi enxeñosa á vez que curiosa: o vídeo circular. En qué consiste este novo formato de gravación? Pois na adaptación do vídeo á forma de agarrar o teléfono sen que este, o vídeo, cambie de orientación. Técnicamente, é unha solución algo complexa, pero compréndese moi ben co seguinte vídeo

Como consegue Snapchat este efecto? Diminuíndo o espazo de encadre da cámara e convertendo a gravación nun formato circular. O que faría o dispositivo (xa sexa o teléfono móbil ou as futuras gafas de Snapchat) sería gravar nun formato 4:3 (coma os televisores antigos) que se adapta a un círculo para poder así convertelo ao efecto que aparece no vídeo. Neste gráfico feito polo usuario @eduo de Twitter pode apréciase moi ben esa diminución do encadre do vídeo para convertelo no formato circular.

(c) @eduo

(c) @eduo

Será este novo formato de Snapchat o modelo a seguir pola industria do vídeo móbil? É difícil aventurarse sen ver como funcionará en directo, pero o certo é que unha aposta moi arriscada por parte da rede social. Haberá que esperar ao seu lanzamento na súa aplicación para ver como funciona e se, realmente, é tan útil como parece.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.