Día 2 – IES Lamas de Abade / O Entroido no Lamas de Abade

O INSTITUTO

Hoxe comezamos a exposición dos vosos traballos e xa que acabamos de chegar do Entroido, imos empezar cun instituto que sabe moito diso.

IES Lamas de Abade vén realizando desde 2014 unha peculiar Mostra de Entroido na que cada ano se xuntan, polo menos, cinco centros educativos. Imos mirar o vídeo para vermos o que nos contan. Esperamos que che guste.

 

 

Hai dous anos, desde o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos xa nos falaran do Oso de Salcedo nun vídeo ben interesante que podes ver premendo aquí.

Se queres saber máis sobre o Entroido galego podes visitar na páxina da Profa os 106 recursos sobre o Entroido en liña e, se o que che presta é comer, daquela mellor bótalles unha ollada aos seus 150 recursos sobre a cociña de Entroido en liña, gastronomía galega.

 

FALAMOS

E, se tes ganas de falar, publica un vídeo nas túas redes contándonos cal é o teu mellor Entroido. Non te esquezas de nos etiquetar con @21dcgemais e poñer o noso cancelo #21dcgemais.

 

DÍGOCHO EU!

Sabías que o Dígocho eu! comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 2020?

Como xa non te lembrarás, traémoscho aquí para que poidas gozar del.