Día 3 – IES Perdouro / O segredo está na alimentación e no corazón / Especial Día de Rosalía

O INSTITUTO

Hoxe o protagonismo correspóndelle ao IES Perdouro de Burela, un centro educativo de longa traxectoria na súa aposta pola integración cultural. No seu vídeo vas ver alumnas e alumnos do centro, que, desde procedencias moi diversas, se achegan ao galego.

Todos somos autóctonos de algures, todos nacemos no seo dunha cultura, e nestes tempos de globalización é importante conservarmos aqueles valores que nos fan singulares no planeta, que nos identifican como pobo ao tempo que nos achegan aos demais.

Como ves, o segredo está na alimentación e no corazón.

 

DÍA DE ROSALÍA

No día grande de Rosalía, toda Galicia se une para honrar a escritora que encabeza as nosas letras.

Deixámosche aquí varias destas propostas.

 

IES Xesús Taboada Chivite

Desde o IES Xesús Taboada Chivite  de Verín envíannos este cartel colaborativo realizado na materia de ITI polo profesor Iago Rodríguez co alumnado de 1º da ESO coas súas propias fotografías.

No Xesús Taboada Chivite quixeron homenaxear tamén a Rosalía de maneira sonora e para iso envíannos dúas interpretacións musicais de estilos moi diferentes do poema “Negra sombra” da autora.

A primeira versión é un rap interpretado polo alumnado de 3º da ESO B.

 

A segunda é unha peza clásica interpretada por Érika Barbosa de 1º de bacharelato, acompañada ao piano polo profesor David Rodríguez.

 

CANTAMOS A ROSALÍA

O alumnado do IES Xesús Taboada Chivite rétate a que interpretes este fragmento do seu rap e o subas ás túas redes. Pódelo facelo tamén con alguén pero non te esquezas de manter a distancia de seguridade. Non te esquezas de nos etiquetar con @21dcgemais e poñer o noso cancelo #21dcgemais.

 

DÍGOCHO EU!

Se onte che ensinamos o primeiro vídeo do Dígocho eu!, hoxe vas ver o vídeo dos primeiros capítulos feitos nun cole, e hai que ver que ben o fai a rapazada esta!

 

OUTRAS PROPOSTAS PARA O DÍA DE ROSALÍA

 

Casa de Rosalía

Desde a Casa de Rosalía convídannos a celebrarmos este día de dúas maneiras diferentes:

– Facendo na nosa casa un Caldo de Gloria

Se non sabes como, xa cho explica aquí polo miúdo a cociñeira Lucía Freitas, do restaurante A Tafona de Santiago (unha estrela Michelín).

– Participando nas Alboradas a Rosalía

Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou músico en xeral, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botares unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra).

 

AELG

Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fannos tres propostas:

– Agasallar cun libro en galego e cunha flor as amizades e persoas queridas.

– Ler o manifesto da AELG escrito da autora Anna R. Figueiredo.

– Realizar actividades relacionadas con Rosalía e a música.

 

Se queres saber algo máis de Rosalía, ofrecémosche aquí cinco cousas que non sabías de Rosalía de Castro.