Día 11 – IES Perdouro / Entrada ao universo literario de Antía Yáñez

O INSTITUTO

Para marcar a metade da nosa andaina, hoxe traémosche un vídeo realizado polo alumnado do IES Perdouro no que o EDLG e do equipo de Biblioteca que te van convidar a descubrir o universo literario de Antía Yáñez.

Se queres coñecer máis a Antía, preme na imaxe e poderás acceder a varios vídeos da escritora no Centro de documentación da AELG; neles explica como naceu á escrita, fala das súas influencias e ademais le obra tanto allea como propia.

 

FALAMOS
Parabéns! Seguro que es das persoas que está avanzando moito no seu uso do galego.

Hoxe vas ter a misión de realizar a túa segunda reflexión.

2ª Reflexión

Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +.

Como vai o teu reto persoal?

Está a ser como ti esperabas?

Xa identificaches as persoas que che axudan a falar máis en galego?

Que che parecen os materiais creados polos outros centros participantes?

Pensa un novo reto medible e graduable para ti na segunda parte do programa que agora comeza.

____________

Cuestionarios de usos lingüísticos

A partir de hoxe abre o prazo para cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega no teu centro de ensino, un documento que afecta a toda a comunidade educativa.

Preme no cuestionario do colectivo ao que pertences e sigue as instrucións que che facilitará o profesorado do teu centro; el é o que che indicará cando e como debes realizar o cuestionario.

Estes cuestionarios son anónimos e forman parte das enquisas de centro para o Proxecto Lingüístico, un documento que de xeito obrigatorio deben realizar todos os centros educativos de Galicia.

Advertencia para as familias:

  • A nai, o pai ou representante legal debe cubrilo por separado e co mesmo contrasinal que o seu fillo ou filla.

Preme no cuestionario que debas cubrir ti.

 

DÍGOCHO EU!
Se hai algo que a Esther non lle gusta nadiña de nada é que lle fales con…

 

E traémosche tamén unha nova entrega do máis viral do TikTok, que sabemos que che gusta rematar con el.