Día 2 – A revolución do Tradi

O COLEXIO
O primeiro centro que protagoniza os 21 Días co Galego este ano é o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, que nos achega á revolución do Tradi, esa evolución da música galega tradicional que neste momento ten como representante socialmente máis visible ao grupo Tanxugueiras.

Deixámosche o nome dos artistas mencionados no vídeo para que poidas achegarte ás súas músicas e demais expresións artísticas:

Baiuca – Boyanka Kostova – Cristina Pato – Mercedes Peón – Mónica de nut – Omiri – Ruxe Ruxe – Terbutalina – Xisco Feijoo – Xosé Manuel Budiño – Xurxo Fernandes – Tanxugueiras

Por se vos apetece seguir escoitando música, deixámosvos o tema ‘Fisterra’ onde podedes gozar dunha versión actual dunha peza tradicional.

 

Na páxina de Orgullo Galego tamén poderás atopar unha listaxe específica de Folk e música tradicional en galego.

Na Radio Galega tamén poderás atopar Lume na palleira un programa especializado en música folk en Galicia.

E, por último, na unidade didáctica Un paseo pola música de Galicia, podes atopar un tema dedicado á historia do folk en Galicia.

 

DÍGOCHO EU!

E para rematar, unha ensinanza de Esther Estévez moi relacionada co mundo da música tradicional.