Día 16 – TikTok en galego

O CENTRO

O día 16 vén metido no móbil: o IES de Meaño vainos achegar ao mundo do TikTok en galego. De seguro que imos aprender moito da comunidade tiktokeira na nosa lingua.

 

 

REDES SOCIAIS E LINGUA

O TikTok e outras redes sociais non teñen o galego como lingua na súa rede e isto dificulta, entre outras cousas, a busca de vídeos. Mirade o que nos contan no #MenosDunMinuto

 

 

DÍGOCHO EU!

Agora imos facer un pouco de historia das redes galegas. Imos ver o primeiro vídeo que reúne os TikToks máis virais do Dígocho eu!

 

 

E agora a súa celebración dos 4.000.000 de likes!!!