Día 20 – 21 Días co Galego e + En acción!

EN ACCIÓN!

Este domingo querémosvos amosar unha pequena mostra das moitísimas actividades que se están a realizar nos doce centros participantes nesta IV edición dos 21 Días co Galego e +. Veredes que son moi diversas e adaptadas ao alumnado de todos os niveis educativos.

 

BRINCADEIRAS DA LINGUA

Se algo abunda nos 21 Días co Galego e + son os enredos lingüísticos, estámonos a referir a actividades coma os ditos, refráns, trabalinguas e outros enredos que teñen a lingua como protagonista.

Brincadeiras da lingua é unha serie de divertidos programas audiovisuais breves que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen en galego e que acompañan desde hai séculos as brincadeiras da cativada e mais a transmisión familiar da lingua.

Deixámosvos un dos seus capítulos como mostra, o dedicado aos trabalinguas.