Día 13 – Día da Paz e da Ilustración, Castelao e María Antonia Dans
O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia en lembranza do asasinato de Gandhi neste día en 1948. Para as galegas e os galegos esta conmemoración vai tamén unida ao Día da Ilustración que, desde 2014, se celebra cada ano homenaxéase nesa data como referencia á do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen, ademais, dedicou parte da súa obra gráfica a retratar e denunciar os desastres da Guerra Civil.

Para homenaxear o autor rianxeiro, traémosvos o discurso “Alba de Gloria”, pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 no Teatro Arxentino e considerado unha das mellores pezas de oratoria en lingua galega. Trátase dunha recreación que tenta reproducir o ambiente da primeira lectura do texto e a emoción das súas palabras.
Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Este ano 2023 a homenaxeada é María Antonia Dans. Neste pequeno vídeo poderás achegarte á súa persoa e tamén á súa obra.