Día 14 – Industria, innovación e infraestruturas

Hoxe comezamos a semana no norte e imos ata Viveiro, concretamente ao IES María Sarmiento. Velaquí tedes o seu vídeo.

O ODS número nove fálanos de infraestruturas resilientes, de promover a industrialización sostible e de fomentar a innovación.

“A innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, resultan fundamentais para o desenvolvemento. A tecnoloxía permite atopar solucións a problemas ambientais e económicos, mentres que o acceso ás TIC e a Internet debe ser igualitario para promover o coñecemento e o emprendemento, tamén nos países menos adiantados.”  (Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade)

  • Como valoras as infraestruturas da zona na que vives?
  • Que é para ti a innovación?
  • Cres que as TIC e a Internet na túa zona son accesibles? E que o seu acceso é igualitario?
  • Agora realiza esta valoración en relación co resto do mundo. Pensas que a túa situación é superior á media, está na media ou é inferior á media? Argumenta as túas respostas.