Día 15 – Redución das desigualdades
Este martes achegámonos ao CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela.
Propoñémosvos diferentes ideas para traballardes as desigualdades na aula:
- Debatede sobre os diferentes estratos sociais fixándovos se a súa existencia se debe a unha diferenza nos recursos dos que dispoñen.
- Contrastade a situación dunha lingua nos ámbitos urbanos ou semiurbanos e nos ámbitos rurais. Credes que hai desigualdade?
- Pensades que hai linguas que gozan dunha situación mellor ca outras? Se é así, considerades que a sociedade inflúe en que isto sexa así?
- Podemos falar dunha correspondencia entre desigualdade lingüística e desigualdade social?
- Vén aí o Entroido. Saberías atopar exemplos de como se reverten as desigualdades sociais nesta festa popular?
- Realizade un graffiti sobre a idea de Sermos lingua no que salientedes as desigualdades lingüísticas, sociais e económicas nas que vivimos. Podédeslle poñer de título Falando galego para un mundo mellor.