Día 19 – Galego en contacto co inglés
Ímoslle dedicar esta xornada a ver diferentes exemplos de contacto entre galego e inglés.
Na sociedade actual cada vez cobra máis importancia o coñecemento e dominio doutras linguas que nos vén enriquecer sen que por iso empobrezamos a nosa lingua propia. O alumnado do IES de Melide realizou durante os 21 días co galego e máis esta actividade de concienciación léxica co Departamento de Lingua Inglesa. Nela estúdanse estranxeirismos de uso cotián entre a xente nova, asociados ao mundo tecnolóxico e dixital, e a súa correspondencia galega.
É moi importante para nós tanto o feito de traducir obras galegas ao inglés como o de anosar obras inglesas. Agora que está preto o Día de Rosalía, o vindeiro 23 de febreiro, podemos gozar desta lectura trilingüe do célebre poema da autora galega “Adios ríos, adios fontes” da rapazada do Centro de Estudos Galegos da University College Cork (Irlanda), gravada en febreiro de 2018.
Para as nosas consultas en inglés podemos utilizar Para as nosas consultas en inglés, podemos utilizar o Dicionario CLUVI inglés-galego elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
En Aulas Galegas tamén podemos atopar toda unha sección dedicada á recompilación de materiais para a docencia do inglés explicados en galego.
E para o público máis cativo, hai iniciativas como a desta familia multilingüe que vive en Londres denominada Planeta Galegofalante, que contén materiais en galego e inglés traballados de forma integrada.