DÍA 12 – XOGAMOS EN FAMILIA ÁS ADIVIÑAS E AOS REFRÁNS II

Ola familia! Como vai a fin de semana?

Para xogardes todos xuntos en familia este domingo traémosvos vídeos de adiviñas e refráns realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis, no CEIP García Barbón de Vigo, no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, no CEIP de Nadela en Lugo, no CEIP do Couto en Ourense e no CEIP Pintor Laxeiro de Vigo.

Esperamos que vos gusten, que xoguedes moito todos xuntos e que acertedes moitas palabras.

E se vós tamén queredes facer vídeos de adiviñas e refráns para compartilos e que xoguen outras familias, facédenolos chegar ao enderezo de correo 21diascogalegoemais@gmail.com e compartirémolos nas nosas contas para que poidan chegar a moitos nenos que xogarán en galego.

(preme na imaxe para acceder á listaxe de vídeos de adiviñas e refráns)