DÍA 19 – XOGAMOS EN FAMILIA AO PASAGALEGO II

Ola, familia! Como vai a fin de semana falando en galego?

Para xogardes todos xuntos en familia, este domingo traémosvos vídeos do xogo do pasaGalego realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis.

Se premes no nome do centro, levarate ao seu pasaGalego.

CEIP García Barbón de Vigo – pasaGalego de Alu Cine

CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela

CEIP de Nadela de Lugo – pasaGalego Alimentación saudable I

CEIP de Nadela de Lugo – pasaGalego Alimentación saudable II

CEIP Pintor Laxeiro de Vigo

 

Esperamos que vos gusten, que xoguedes moito todos xuntos e que acertedes moitas palabras.

Se premes na seguinte imaxe, levarate a unha listaxe de vídeos de xogos de pasaGalego.

 

Modo de xogo: En cada letra, tras cada vídeo no que se di a definición da palabra, aparece a definición escrita durante uns segundos para pensar a palabra. Estaría ben que ademais de pensardes que palabra pode ser, aproveitedes para anotar a palabra que credes correcta. Ao final do vídeo aparecen todas as solucións.

E se vós tamén queredes facer vídeos de adiviñas e refráns para compartilos e que xoguen outras familias, facédenolos chegar ao enderezo de correo 21diascogalegoemais@gmail.com e compartirémolos nas nosas contas para que poidan chegar a moitas nenas e nenos que xogarán en galego.