Reunión de traballo en Vigo dos socios do proxecto AQUALITRANS

Os socios do proxecto AQUALITRANS. Sistema de Xestión e control para a mellora da eficiencia na depuración e a calidade ambiental de augas a nivel transfronteirizo mantiveron o 11 de abril unha reunión de traballo en Vigo para analizar os avances do plan e determinar as vindeiras tarefas. No encontro participaron todos os socios, españois e portugueses, que forman parte do partenariado.

AQUALITRANSé un proxecto de colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Águas do Municipio do Porto e o Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI). O proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020(POCTEP).

Durante o encontro os asistentes compartiron como se desenvolveron as primeiras fases de traballo, que consisten en realizar un inventario das EDARs de titularidade pública da zona transfronteiriza clasificadas polos seus parámetros fundamentais: volume de depuración, procesos, residuos xerados e área de influencia, entre outros; e na realización de plans concretos de estudo de 20 EDARs seleccionadas para coñecer o seu funcionamento real e determinar medidas de optimización personalizadas.

Este análise teórico e práctico permitirá dispoñer dun modelo aplicable ás depuradoras co que crear EDARs máis eficientes enerxéticamente e máis sostibles.

O obxectivo principal do proxecto AQUALITRANSé mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDARs, asegurando en todo momento a calidade de auga tratada; acadando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos e emisión de CO2; e disminuíndo os problemas nos procesos.

AQUALITRANS xorde do compromiso para buscar un modelo enerxético eficiente e sostible para as EDARs, co que contribuír aos obxectivos de desenvolvemento sostible e protección ambiental aos que aspiran España e Portugal.