CELEBRACIÓN DA 2º SESIÓN DE CAPACITACIÓN TÉCNICA DO PROXECTO AQUALITRANS NA QUE PARTICIPARON 23 BENEFICIARIOS DIRECTOS DO PROXECTO

Águas do Porto organizou a segunda sesión de capacitación técnica do proxecto AQUALITRANS, desenvolta nas instalacións da ETAR de Sobreiras, á que se convidaron ás entidades socias do proxecto, así como xestores de EDARS (administración e/ou empresas privadas).

Esta sesión de carácter eminentemente técnico tivo como obxectivo a capacitación de profesionais relacionados coa xestión de estación de depuradoras de augas residuais.

A xornada comezou ás 10 h portuguesa coa recepción de asistentes, e contou coa impartición de 5 módulos formativos: en primeiro lugar Augas do Porto describiu as súas experiencias piloto en Portugal, en segundo lugar, INEGI expuxo os plans de mellora enerxética de EDARs, posteriormente, Augas de Galicia mostrou as experiencias piloto en Galicia, en cuarto lugar, INEGA realizou unha presentación sobre o potencial de eficiencia enerxética das EDARs, e para concluír, ITG presentou as ferramentas web para a xestión avanzada de EDARs.

Unha vez finalizados os cinco relatorios, os asistentes participaron nunha comida, e posteriormente realizaron unha visita guiada á ETAR de Sobreiras, onde puideron apreciar algunhas das innovacións descritas na sesión da mañá.

Esta segunda formación enmárcase na actuación do proxecto 4.3, que contempla a capacitación de profesionais sobre os que se pretenden mellorar as súas competencias en relación con medidas ao redor da eficiencia das plantas.

Está prevista a celebración de dúas sesións máis, que levarán a cabo o 20 de novembro en Nigrán e o 27 de novembro en Porto.