CUARTA PUBLICACIÓN REALIZADA NO MARCO DO PROXECTO AQUALITRANS: EDAR 4.0: APLICACIÓNS SOFTWARE PARA A XESTIÓN AVANZADA NAS DEPURADORAS

O Instituto Tecnológico de Galicia en colaboración coa entidade pública empresarial Augas de Galicia como beneficiarios do proxecto AQUALITRANS, financiado na 1ª convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020, realizaron a publicación dun artigo técnico sobre as aplicacións software para a xestión avanzada de EDAR desenvoltas no marco do proxecto.

O artigo, que foi publicado no número 42 correspondente aos meses de marzo e abril de 2020 da revista TECNOAQUA, aborda a incorporación de tecnoloxía avanzada de análise de datos en estacións depuradoras de augas residuais que permitiu reducir o seu impacto enerxético.

Na publicación exponse como punto de partida o traballo realizado no marco do proxecto AQUALITRANS relativo á análise de máis de 180 instalacións de depuración na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, con obxecto de comparalas enerxéticamente a través de indicadores.

.

Reparto de consumo en EDAR analizadas

A partir da caracterización enerxética e a agrupación en función dos indicadores definidos para a análise puidéronse extraer interesantes conclusións que incidiron nas ferramentas desenvoltas para a xestión de estacións depuradoras de augas residuais.

No marco do proxecto desenvolvéronse 3 aplicacións software que permiten a xestión avanzada de EDAR:

  1. Ferramenta de xestión multiEDAR. Permite agrupar toda a información recollida nos estudos do proxecto AQUALITRANS para realizar interesantes comparacións e análises do funcionamento das plantas.
  2. Ferramenta de autodiagnóstico on line. É unha ferramenta orientada a realizar un primeiro diagnóstico do estado enerxético dunha EDAR mediante a análise dos seus equipos e procesos para realizar unha proposta de potenciais medias de mellora aplicables á devandita instalación.
  3. Plataforma de xestión avanzada en tempo real. Permite a supervisión e monitorización da operación de estacións depuradoras de augas residuais en tempo real dotándoa das funcionalidades necesarias.

As 3 ferramentas atópanse dispoñibles na páxina web http://aqualitrans.itg.es/

Dashboard da plataforma de monitorización

Por último o artigo resume as medidas piloto executadas no marco do proxecto AQUALITRANS e achega datos de avaliación do aforro enerxético conseguido coa implantación de ditas medidas.

O artigo técnico pode consultarse a través da dirección web https://www.tecnoaqua.es/kiosco/revista42/visor.