Continúan as actividades divulgativas nos colexios de Lugo

O 2024 tamén se estreou retomando a celebración das actividades divulgativas das ARPSI do grupo IV nos centros escolares lucenses. Tras as vacacións de Nadal, visitáronse catro centros da provincia de Lugo durante o pasado mes de xaneiro: CEIP Lois Tobío (Viveiro), CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), CEIP de Celeiro (Viveiro) e CEIP Ou Cantel (Foz).

Nas xornadas expóñense os princpais apectos das inundacións utilizando unha linguaxe adaptada ao público infantil, con vocabulario sinxelo e contidos desenvolvidos especificamente para os alumnos de primaria. Con esta iniciativa, enmarcada no Plan Estratéxico de Divulgación das ARPSI de Augas de Galicia, búscase facer consciente á poboación escolar da influencia das nosas accións sobre os ecosistemas e que coñezan o Plan de Xestión do Risco de Inundacións, ademais da maneira na que cada un de nós pode axudar para que teña éxito.