Estratexia e innovación na xestión de inundacións
As inundacións representan un dos fenómenos naturais máis comúns e en ocasións devastadores, provocando danos tanto persoais como materiais en todo o mundo. Neste contexto, a Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) xoga un papel crucial sobre todo no que respecta a a xestión do risco de inundacións, especialmente tendo en conta o complexo escenario no que nos atopamos: o do cambio climático.

A xestión eficaz do risco de inundacións require un profundo coñecemento sobre o fenómeno, así como unha actualización constante de todo o relacionado con el: novos episodios, datos estatísticos, frecuencia, magnitude dos seus efectos… Para cumprir coas directrices establecidas na Directiva de Inundacións da Unión Europea (Directiva 2007/60/CE), así como para os plans de xestión do risco de inundación (PXRIs) que se implementan a nivel nacional, resulta indispensable a elaboración de estudos detallados sobre os factores meteorolóxicos que desencadean as inundacións, a recompilación de datos históricos mellorados ou o desenvolvemento de metodoloxías para avaliar os efectos do cambio climático neste tipo de eventos, ademais de resultar tremendamente útiles para orientar a proposta de iniciativas ou a toma de decisións.
Unha característica distintiva deste tipo de investigación é a súa natureza multidisciplinar, xa que se trata de estudos que non só involucran a meteorólogos e climatólogos, senón tamén a enxeñeiros, urbanistas, sociólogos, políticos, etc. A colaboración entre estes distintos sectores, incluíndo a participación de entidades tanto públicas como privadas, é clave para desenvolver estratexias efectivas de xestión de inundacións. Ademais, esta cooperación debe estar aliñada coas estratexias de financiamento e políticas tanto nacionais como europeas.
Son múltiples as iniciativas o ámbito das inundacións que se levaron a cabo a nivel nacional e europeo, enfocadas non só na prevención e resposta ante as inundacións, senón tamén en entender como o cambio climático podería modificar o panorama de riscos asociados a estes eventos naturais. A Directiva de Inundacións, no seu artigo 14.4, pon especial énfase na avaliación dos posibles impactos do cambio climático no risco de inundación, un aspecto que se converteu nunha área chave de investigación.
A implementación de tecnoloxías avanzadas, como sistemas de alerta temperá, vixilancia satelital ou modelos de simulación, está a transformar a maneira en que facemos fronte ao risco de inundación. Estas ferramentas permiten ademais dunha mellor preparación e capacidade de reacción fronte e eventos inminentes, unha planificación urbanística máis resiliente e adaptativa ao cambio climático.
En definitiva, a I+D+i na xestión de inundacións é un campo en constante evolución, esencial para adaptarnos aos desafíos presentes e futuros relacionados con estes fenómenos naturais tan necesarios para o bo funcionamento dos ecosistemas. A medida que nos imos enfrontando para os efectos do cambio climático, a colaboración multidisciplinar e transfronteiriza, xunto coa innovación tecnolóxica, serán clave para desenvolver estratexias eficaces que protexan aos cidadáns e sexan respectuosas co medioambiente.
