Visita do alumnado da Facultade de Ciencias da Educación USC
Hoxe recibimos a visita do alumnado de cuarto curso da facultade de Ciencias da Educación do grao de Pedagoxía ao CAFI.
Nas fotos podedes ver o momento en que visitaron a Aula Nova.

Mentres o director do CAFI, Ángel Ródriguez Sánchez, ía mostrándolles diversas ferramentas que posibilitan, xa hoxe en día, outras formas de aprender.

O deseño da Aula Nova, como modelo dunha aula do futuro, permitiralle ao profesorado crear espazos de aprendizaxe nos nosos centro de ensino. Así, utilizando novas metodoloxías, o noso alumnado desenvolverá a adaptabilidade e enxeño necesarios para aprender a utilizar as ferramentas que os catapultarán cara ao seu propósito de vida.