Novo ano, novas oportunidades formativas STEM/STEAM. Achégate a AulaNova!
Feliz ano formativo, comezamos un novo trimestre cheo de oportunidades de aprendizaxe impulsado dende o equipo de traballo da asesoría de formación de Aula Nova en CAFI Galicia.
Agora mesmo o principal problema é a mobilidade dos docentes e dos/as relatores/as, tendo restrinxidas na meirande parte dos casos as viaxes entre concellos e provincias e as reunións, por iso non podemos realizar as formacións presenciais que tiñamos planificadas. Esta nova situación non pode ser un obstáculo, debemos afrontala como unha oportunidade de mellora da rede de formación así que redeseñamos a oferta formativa para adaptala as restriccións e por outra banda asegurar unha contorna sanitaria segura sen riscos de contaxio.
Os nosos piares nestas novas formación van ser tres:
- Empregar un formato virtual por videoconferencia ou webinario, tentanto abordar os cursos dun xeito práctico e ameno para que os docentes poidan transferir esas aprendizaxes as súas aulas ao remate destes.
- Seguir avanzando na formación dunha comunidade de aprendizaxe global e pluridisciplinar onde poder compartir recursos, propostas e colaboracións.
- Deseñar un kit de traballo físico ou virtual proporcionado por AulaNova para desenvolver a actividade no domicilio do docente sen contacto ou sen ter que compartir ferramentas e recursos.
Con todas estas ideas na primeira liña dos nosos pensamentos organizamos o plan formativo STEM/STEAM en 5 liñas, en cada unha destas liñas específicas poderás atopar actividades para ir avanzando. Este é o resumo onde aparecen os códigos de cada unha delas.
1.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula poderás atopar 3 cursos:
- G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design thinking
- G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM
- G2002070 Gamificando en matemáticas
2.AulaNova Divulga é #AulaNova_divulga cunha actividade composta por varias charlas en formato videoconferencia para estar ó dia na tecnoloxía e o mundo #maker.
- G2002077 Tecnoloxía e creación maker
3.AulaNova Investiga é unha liña para impulsar a investigación docente para implementala nas aulas. Podes formarte en cursos específicos sobre a Levitación ultrasónica, ferramentas e recursos para a educación #STEM e aprender facendo coa proposta de Xuvenciencia.
- G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos
- G2002069 Ferramentas e recursos para mellorar a educación STEM en diversas áreas
- G2002078 Xuvenciencia. Aprender facendo
- G2002068 Prototipado con E-textiles
4.AulaNova Programa Nesta liña a programación, nas suas múltiples variantes, é o fío condutor. Podes escoller aprender a programar en linguaxe Python, empregar simuladores robóticos para control dos autómatas, sacarlle partido á placa Microbit ou empregar a programación analóxica sen dispositivos.
- G2002074 Programar en Phyton
- G2002072 Laboratorio robótico
- G2002075 Programar sen usar o ordenador
- G2001128 Microbit. Programación con MakeCode e proxectos STEAM
5.AulaNova no espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores de equipos en centros galegos. Esta formación dividida en varias sesións dará soporte ao traballo desenvolto nas misións espaciais.
- G2002127 Cansat. De Galicia ao espazo
Para poder participar busca o código en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso seletivo condicionado polos requisitos do curso e poderás experimentar a formación en primeira persoa.