Feliz San Valentín Maker

Hoxe é San  Valentín, unha conmemoración das boas obras realizadas polo Santo Valentín de Roma que están relacionadas co concepto universal do amor e do afecto. Esta agarimosa xornada pode ser interpretada como unha boa oportunidade de celebrar e amosar estes sentimentos independentemente das crenzas, tendencias, pensamentos ou posicionamentos sociais.

Desde  CAFI Aula Nova pensamos que é unha boa oportunidade de manifestar as nosas emocións cun proxecto maker, anímasche a participar no San Valentín Maker?

Mostrámosche tres estilos de agasallo maker, son proxectos que podes realizar por ti mesmo na casa, todo un San  Valentin DYI para sorprender a esa persoa tan especial.

1.Tarxetas luminosas. Cun sinxelo circuíto con cobre adhesivo, unha pila e uns cantos leds poderás enviar unha cálida mensaxe (preme nas imaxes para seguir os proxectos).

Valentines day Makerspace
Valentines day Makerspaces

2.Gústache a impresión 3D? É o momento de ser orixinal e fabricar un orixinal agasallo (preme nas imaxes).

Cortapastas 3d 3DNatives
Modelo corazón Impresoras 3D
Thingiverse modelos 3D

3.Eres máis de electrónica? Con este proxecto chegarás ao corazón (preme na imaxe).

Beating Led heart Jiripraus

 

Feliz día, comparte o teu proxecto co #sanvalentinmaker.

Etiquetas

,