Benvido/a ao marabilloso mundo dos simuladores robóticos

Para poder afrontar os novos retos de espazos e equipos nas aulas debemos desenvolver solucións que nos permitan seguir avanzando. O uso dos simuladores chegou para quedar, así podes compatibilizar o traballo físico dalgún pequeno grupo cos robots e o traballo virtual nos desenvolvendo habilidades no manexo e compresión das linguaxes de programación.

No curso Laboratorio  robótico de  AulaNova tivemos un amplo repertorio de simuladores que poden ser de gran utilidade:

-Beebot é unha aplicación web que abres no teu navegador composta por varios  persoais en liña para desenvolver sen necesidade de utilizar o robot de forma física. Escolle persoal e programa o Beebot indicando as ordes que debe executar.

-iRobot é un pequeno robot da familia da Rumba, a súa característica diferenciadora é que pode traballar en vertical sobre unha lousa. Podes escoller entre tres niveis de programación:

  • nivel 1: Bloques gráficos
  • nivel 2: Bloques híbridos
  • nivel 3: Bloques de texto

Podes explorar moitas actividades  na páxina do robot.

-Mbock Este é unha contorna coñecida polos docentes que adoitan usar o robot MBot nas súas aulas, permite visualizar a programación proposta. Podes escoller a programación visual por bloques tipo  Scratch ou avanzar en  Phyton.

Open Roberta é un simulador con moitas posibilidades xa que podes practicar con varios tipos de robots básicos ou outros máis específicos como o Leigo co V3.Podes atopar titoriais guiados, proba cos  sigueliñas.

Vex. É un marca comercial de  robolts  con aspecto simular ao mecano, con pezas que podes unir para fabricar o teu propio robot. Consta dunha contorna virtual de traballo o  Xcode VR que che permite programar un robot virtual utilizando bloques. Podes atopar vídeos con axuda e varios escenarios en forma de retos. En cada un deles debes programar ao robot usando os seus sensores: resolve labirintos, debuxa cun rotulador ou emprega un electroimán. Non deixes de probar o reto de recoller lixo no mar.

CopeliaSIM é multiplataforma e dispón de varios modelos de programación, é moi interesante o seu uso en principiantes e en programación avanzada. Explora ou  seu potencial  nestas  propostas en forma de vídeo.

Tinkercad. Coñecerás este programa en liña por ser un dos máis sinxelos e potentes en deseño 3D pero tamén ten un simulador para montar, programar e simular efectos con circuítos  con Arduino. Para programar podes usar linguaxe de bloques e texto.

Gazebo permite probar rapidamente algoritmos, deseñar robots, realizar probas de regresión e adestrar o sistema de intelixencia artifcial dentro de escenarios realistas. Permíteche reproducir contornas complexas de interior e exterior nos que se move o robots con gráficos son de alta calidade. O seu uso é complexo pero presenta un gran potencial.