Olladas Caleidoscópicas en Educación Dixital 2021

Nas xornadas virtuais de Educación Dixital organizadas polo CAFI no pasado 8 de maio tivemos a gran sorte de compartir a nosa experiencia en Olladas Caleidoscópicas dende tres perspectivas:

  • A ollada da facilitación.
  • A ollada  da participación
  • A ollada da observación

Son tres olladas diferentes pero complementarias que deron forma a esta actividade de creación dixital en liña onde seis grupos de docentes experimentaron novas estratexias superando tres grandes retos para atopar novas iniciativas grupais que poidan implementarse nas súas aulas.

Deixámosvos un menú degustación cas tres intervencións (facilitadoras, participantes e observadores) en formato vídeo para amosar esta iniciativa a todos os docentes galegos e animalos a participar en novas convocatorias de Olladas.

1.Primeiro prato: Ollada facilitadora.

2.Segundo prato: Ollada participadora.

3.Terceiro prato: Ollada observadora.

E para rematar un bo postre, compartimos o kit de Olladas, bo proveito!