Transformación de espazos formativos

Os espazos educativos están a sufrir unha gran transformación para adaptarse ás novas modalidades de aprendizaxe. As aulas, os corredores,  as entradas, os patios, etc. todos son espazos aproveitables para configurar un recuncho de traballo agradable, vérsatil e creativo. Os espazos formativos non son alleos a estes novos cambios, precisan tamén dunha actualización.

No  CAFI dispoñiamos dunha aula para formación formada por cadeiras de pa para acoller aos docentes que asistian e un posto para o  relator/a que ía desenvolver a formación co seu equipo informático e a súa pantalla de proxección de apoio. Aínda que era un lugar amplo e luminoso, con grandes ventás, ben  ventilado, o mobiliario era demasiado ríxido para permitir o traballo en grupo ou usar os equipos comodamente. Era un espazo pensado para unha formación máis  transmisiva e expositiva con pouca interacción do participante que resultaba adecuado para ese fins.

Nas novas formacións é necesario darlle un papel máis activo ao asistente, xa sexa de carácter individual ou formando parte dun grupo, é por iso que dispoñer de espazos flexibles, que poidan conformarse facilmente formando outras distribucións é un dos piares da transformación de espazos.

Partindo do modelo Aula do futuro de Bruxelas (Future  Classroom Lab) e inspirándonos en propostas doutros centros educativos podemos realizar unha transformación de espazos creando áreas de aprendizaxe adaptables ás necesidades dos asistentes á formación. Ter un modelo de base non significa implementalo tal cal, podemos introducir modificacións que o fagan único e personalizado, para iso debemos conxugar 3 piares fundamentais:

  • Metodoloxías activas 
  • Espazos físicos creativos e inspiradores que promovan novas ideas.
  • Emprego adecuado da tecnoloxía TIC/TAC

Tendo presente sempre estos tres piares ben compensados podemos iniciar a transformación contemplando un análise previo das necesidades en forma de cuestións previas para ir definindo obxectivos de traballo:

O resultado é unha nova aula de traballo con postos flexibles, mobilidade individual e de grupo, zonas de exposición, mobiliario con almacenamento, gran versatilidade para o relator/a, colorido, inspiración e funcionalidade. Podes consultar a galería de fotos publicada na Voz de Galicia.