Imaxinas construír xunto ao teu alumnado un pequeno satélite de comunicacións e recibir e interpretar datos na súa traxectoria? Toda unha grande oportunidade de desenvolver unha experimentación práctica relacionada co espazo dentro do proxecto CanSat, unha iniciativa de ESERO (European Spaxe Education Resource Office) da ESA, a Axencia Espacial Europea en España. Está dirixida ao alumnado
A intelixencia artificial (IA) é a intelixencia desenvolta polas máquinas formadas por unha combinación de algoritmos que permitan a esa máquina amosar unhas capacidades similares aos humanos. Pode parecer que é unha tecnoloxía moi futurista, moi técnica e afastada da educación pero que agora mesmo está moi presente nas nosas vidas e poden enriquecer a
Se participaches nunha feira maker saberás que a interacción entre os membros é unha parte relevante do evento, podes falar, contactar cos participantes dos expositores, ser parte dun obradoiro ou podes escoitar a algún persoeiro relevante no universo argalleiro. Este ano gozamos dunha panorámica anómala, envoltos nun escenario virtual onde nos desprazabamos para interaccionar con
Dende Aula Nova queremos dar as grazas a todos os participantes no Escornathon, tanto os docentes galegos, alumnado e tamén aos makers, vos sodes os grandes protagonistas e unha parte moi especial deste singular reto. As vosas pezas teñen moito valor e representan as vosas interpretacións persoais para guiar ao Escornabot. Queremos dar tamén as
Tes unha boa idea, tes un premio. Esa é a filosofía deste Escornathon, colle a peza base do reto e dálle unha volta cun programa de deseño que domines e crea unha peza única e personalizada. O máis sinxelo é xa traballar en Tinkercad, un programa en liña na que podes deixar lista a peza
Do 18 ao 22 de novembro terá lugar unha nova edición da Maker Faire Galicia, unha feira un pouco diferente polas circunstancias sanitarias por mor da COVID19 que se desenvolverá integramente en formato vitual. Nesta feira atoparás xornada específica adicada á educación no día 20 con mesas temáticas, propostas maker, obradoiros na rede e proxectos
Un MOOC é un curso en rede aberto e masivo estando deseñado para acoller un gran número de alumnado, adoita ser específico, focalizando nunha temática concreta, amosando información de maneira moi visual cunha filosofía que permite chegar ao maior número de persoas democratizando o coñecemento. Este tipo de aprendizaxe en liña favorece unha aprendizaxe máis
O emprego de software específico de modelado 3D nas escolas e centros educativos permite dar o salto do mundo virtual ao mundo físico integrando pequenos módulos de programación, en formato de bloques, á vez que traballamos o pensamento computacional dentro do proxecto. A impresión 3D permítenos achegar o alumnado á creación, a baixo custo, de
As microaprendizaxes son propostas formativas cun concepto moi puntual, moi focalizado, pero cunha forte continuidade temporal xa que poden ser consultadas ou revisadas pola persoa en calquera momento. Baséanse nunha aprendizaxe autónoma e autoregulada que enche os balerios persoais de cada docente e ocupan pouco tempo, aproveitando así anacos entre outras actividades profesionais, familiares ou
Na nosa vida cotiá empregamos algoritmos para levar adiante moitas das tarefas docentes ou familiares xa que todas elas son un conxunto de instrucións ou pasos ordenados lóxicamente. Unha sinxela receita na nosa cociña pode ser un exemplo práctico e visual de como resolver un problema e podemos representar ese algoritmo, dun xeito moi gráfico,