O pasado 28 de abril tivo lugar no aeródromo de As Rozas de Lugo, a final rexional de Cansat, un programa de Esero (Oficina Europea de Recursos para a Educación Espacial en España) no cal os alumnos constrúen e lanzan un minisatélite do tamaño dunha lata de refresco. A xornada tivo o seguinte programa: -Benvida
Os Polos Creativos son novos espazos de innovación educativa que xorden da evolución do plan piloto dos Espazos Maker creados anteriormente en dúas convocatorias no ano 2018 e 2019. Configúranse como espazos físicos específicos onde conviven o traballo das competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño, sendo o
Unha vez que inicias o camiño na impresión 3D queres sacarlle máis partido a túa impresora 3D, a do teu centro ou espazo creativo. Cando comezamos na impresión podemos quedar atónitos horas e horas vendo como a máquina extrúe o filamento, seguramente lembras a túa primera impresión e a emoción de comprobar como aquel churriño
Non é un adeus, é un ata logo, iniciamos un período de desconexión dixital moi necesaria para seguir traballando con forza. Pechamos portas e abrimos xanelas a novos aires formativos. Pechamos un ciclo, co plan de formación do curso 2020.-2021 cheo de cambios, problemas, solucións e intencións renovadas e abrimos outro novo cun completo plan
A educación está a cambiar a unha velocidade vertixinosa introducindo conexións coa realidade social de tal forma que nos permita avanzar cara unha sociedade tecnolóxica, ben formada, cun pensamento crítico ben desenvolvido e preparada para facer fronte os retos futuros que poidan atoparse. En Galicia, damos un gran paso adiante ao introducir a Intelixencia Artificial
Lembras a Pelegrín? Foi a pequena mascota xacobea no ano 1993, o seu éxito foi contar cun deseño de formas sinxelas e cores chamativos que tivo moita pegada. Pasaron os anos e agora tes a oportunidade de darlle nova vida reinterpretando o deseño orixinal. E-téxtiles, corte láser, materiais reciclados, electrónica, etc. todo vale neste #hackobeo, aceptas
É unha celebración de aniversario da placa Arduino a nivel mundial que este ano tiña lugar o 27 de marzo. Desde Aula Nova non queriamos deixar pasar a ocasión de celebralo ao grande cunha feira virtual de proxectos na rede de todos os centros galegos. Así que nos puxemos ao choio e contactamos con eses
Para poder afrontar os novos retos de espazos e equipos nas aulas debemos desenvolver solucións que nos permitan seguir avanzando. O uso dos simuladores chegou para quedar, así podes compatibilizar o traballo físico dalgún pequeno grupo cos robots e o traballo virtual nos desenvolvendo habilidades no manexo e compresión das linguaxes de programación. No curso
Esta actividade ofrece formación específica sobre o método científico e o deseño de experimentos para o profesorado de secundaria. Traballáranse as distintas fases dun traballo científico desde a toma de datos e o procesamento e presentación dos mesmos (estatística descritiva, elaboración de gráficos mediante follas de cálculo ata a discusión dos resultados e a presentación dos mesmos en forma de
Makey Makey é unha sinxela placa electrónica baseada en Arduino que se conecta ao noso ordenador mediante un cable usb (sen necesidade de empregar drivers) de tal maneira que traballa simulando a un teclado ou a un rato, é coma se fose un dos nosos periféricos. Jay Silver e Eric Rosenbaum, membros do Media Lab