A salvagarda do Forno do Cal de Vilaboa

Un feito azaroso orixina no comezo do ano 2017 o proxecto do Forno do Cal de San Adrián, froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico (Ribadavia) e do CPI Toural (Vilaboa) de colaborar nun plan de estudo e recuperación do citado ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade escolar, ofrecéndolle ao alumnado a posibilidade de explorar fóra das aulas certas claves relevantes sobre a construción da identidade colectiva local.
Así, dende o curso 2017-2018 levamos a cabo este proxecto de centro para a recuperación desta xoia do noso patrimonio industrial.
Neste curso continuamos o desenvolvemento do proxecto no marco do  Plan  Proxecta Educación Patrimonial.
No primeiro trimestre do curso actal levamos a cabo catro videoconferencias co experto Manuel Gil, que achegaron ao alumnado de 3º e 4º da ESO ao funcionamento dun forno tradicional de cal e tamén unha visita virtual ao Museo do cal de Morón. Dende o CPI do Toural agardamos algún día poder coñecer este Museo e que o seu equipo poida tamén visitar o noso forno. Aquí deixamos un vídeo explicativo que nos axudou a entender o proceso tradicional de elaboración do cal.
http://https://www.youtube.com/watch?v=xuGAeZkpuKw&ab_channel=Andaluc%C3%ADaMultimedia
Foi polo mes de decembro cando dende o programa Fun polo aire da TVG amosou interese no patrimonio de Vilaboa e produciuse a limpeza do forno, que levaba cuberto de silveiras dende o ano 2001.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-476-4743310?t=1839