Charla de Andrés Bonilla sobre o “Primus Portus Apostoli” CPI O PROGRESO DE CATOIRA
Esta semana recibimos a visita de Andrés Bonilla o arqueólogo que está a realizar os traballos de investigación sobre o “Primus Portus Apostoli” no lugar da Barca en Padrón.
O alumnado de 4º da ESO gozou desta interesante charla que nos permitiu coñecer con maior profundidade diferentes aspectos tanto das orixes do Camiño de Santiago, como da lenda do traslado dos restos do apóstolo a Santiago. Especialmente interesante foi a explicación do desenvolvemento do seu traballo de localización do “Primus Portus Apostoli” no antigo meandro do Río Ulla.
Foi un pracer gozar das túas explicacións, moitas grazas por compartir o teu traballo!