Ciclo de charlas sobre a Ribeira Sacra (alvarizas e Ecomuseo de Arxeriz): Carme Toba Trillo, Suso Verao e alumnado do Ciclo Superior de Turismo

Para coñecer un pouco máis a nosa contorna (sobre as alvarizas, sobre Arxeriz), a principios de maio iniciamos un ciclo de charlas. Unha das relatoras foi Carme Toba Trillo (natural da Costa da Morte, e membro de Apatrigal, Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego) que nos explicou, entre outras cousas, a orixe das alvarizas, como son as “casas” das abellas (lacenas, covos, cortizos e trobos), os diferentes tipos de alvarizas que hai en Galicia, fóra de Galicia e de España), etc. Tamén contamos con Suso Verao (veciño do concello de Sober e ex director do noso centro) que nos explicou o estado das alvarizas pola zona de Sober. E, finalmente, o alumnado do Ciclo Superior de Turismo que explicou ao alumnado de 3º ESO o que aprenderon na súa visita a Arxeriz:

Ligazón páxina web IES Río Cabe sobre as charlas de Carme Toba Trillo e Suso Verao: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1981

Fotos da presentación que fixo o alumnado do Ciclo Superior de Turismo ao alumnado de 3º ESO (nuns días, será o alumnado de 3º ESO o que expoña o seu traballo ao alumnado de Turismo e ao resto de compañeiros da ESO):