“Gundivós, terra de oleiros”. Actividade realizada para coñecer a olaría tradicional doutras zonas fóra da Ribeira Sacra (“poterie” de Gèr)
O alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés II lingua estranxeira, realizou un traballo na aula onde se comparou a olaría tradicional de Gundivós cunha olaría tradicional do norte de Francia.
Con este fin, realizouse unha pesquisa para coñecer a alfarería tradicional de Gèr, unha aldea duns 80 habitantes que se atopa na rexión de Normandie, ao norte de Francia, e que conta cunha tradición alfareira que xa vén da Idade Media. Na actualidade conta cun museo para poñer en valor o patrimonio da alfarería (que eles denominan “poterie”), e con tres artesáns que continúan a labor dos seus devanceiros.
Unha vez realizada a investigación, o alumnado elaborou unha comparativa entre esta olaría francesa e a de Gundivós (que xa coñecían, dados os traballos previos que fixeran sobre esta olaría da Ribeira Sacra, así como a excursión realizada ao museo e taller de Gundivós do artesán Elías González). Para compartir saberes sobre a tradición oleira doutras zonas (desta vez estudouse a aldea de Gèr), o pasado mércores 23 de marzo este alumnado que cursa a materia de Francés expuxo o seu traballo aos outros compañeiros de 3º ESO.