“Gundivós, terra de oleiros”. Actividades realizadas para coñecer a olería de Gundivós (concello de Sober)

“Gundivós, terra de oleiros” é un proxecto no que están traballando os nosos alumons/as de 3ºESO.

O primeiro trimestre adicámolo a organizar as actividades, a facer grupos cos alumnos/as, e a buscar información sobre a Ribeira Sacra en xeral, centrándonos en Gundivós e na súa olería. Toda esta información (artigos de xornais, vídeos, blogs, etc) que cada grupo ía atopando era comentada e subida á aula virtual (donde previamente se abriu un curso) para, posteriormente, poder ser consultada por todos os alumnos/as á hora de facer o traballo.

Preme nesta ligazón para coñecer a información subida á nosa aula virtual sobre a Ribeira Sacra e a olería de Gundivós: Capturas_pantalla_aula virtual

Desde comezos do segundo trimestre os alumnos/as están traballando, por grupos e seguindo un guión, nunha presentación en power point sobre este tema (Ribeira Sacra e olería) que leva por título “Gundivós, terra de oleiros” e que despois, no terceiro trimestre, exporán aos seus compañeiros de 1º. 2º e 4º ESO, 1º Bac e ao profesorado. Ademais da información subida á aula virtual realizamos dúas actividades que lles axudaron moito á hora de facer o traballo:

  • Primeiro desprazámonos ata a casa de Obdulia Rodríguez (máis coñecida como “Lula”, todo un referente na olería de Gundivós) para facerlle unha entrevista. As circunstancias (a pandemia, a idade de Lula -case 95 anos!-) só permitiu que un grupo moi reducido de 4 alumnos/as, en representaciòn dos seus compañeiros, puidesen facer de reporteiros e realizar a entrevista. O noso obxectivo era coñecer un pouquiño máis da súa vida e como era o traballo de oleiro na súa época. Nos días seguintes estes catro alumnos explicaron aos seus compañeiros como foi a entrevista e o que aprenderon (e abofé que foi moito).

Preme nesta ligazón para saber máis sobre esta entrevista (páxina web IES Río Cabe):

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1726    

  • A segunda actividade foi o 21 de febreiro e consistiu nuha excursión ata a parroquia de Gundivós (concello de Sober) donde visitamos o Centro Oleiro Rectoral de Gundivós. Esta vez si que xa puidemos ir todos (alumnado e profesorado implicados neste Proxecta). O noso obxectivo agora era coñecer as características tan peculiares que ten esta olería e que fan que as súas pezas sexan únicas (a cor negra ou o método de churros, por exemplo). Alí recibiunos Elías González, a quen xa coñeciamos polos vídeos que consultaramos, que nos aclarou todas as nosas dúbidas.

Preme nesta ligazón para saber máis sobre a nosa visita ao Centro Oleiro Rectoral de Gundivós (páxina web do IES Río Cabe):

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1733