“Gundivós, terra de oleiros”. Nova actividade para seguir coñecendo a Ribeira Sacra: visita a Arxeriz (Ecomuseo, Pazo e Castro)

O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona da Ribeira Sacra en épocas pasadas. Moito foi o que aprendemos:

– o papel tan importante que tiñan as barcas do río, os tipos de barcas que había, os apeiros que se usaban na pesca,

 

– como era o traballo nas viñas (como se facía a poda ou se daba o sulfato, como se vendimiaba e trasladaba a uva nos culeiros ou cestos), como eran as cubas, para que se usaban os alambiques….

   

– sobre as pontes que había no Miño, os pobos que quedaron mergullados pola construción dos encoros nos ríos Miño e Sil,

   

Despois visitamos o Pazo, a súa cociña (con pezas curiosas como o meleiro ou o sacaleites que tamén atopamos na olaría de Gundivós), como facían para fregar, etc.

 

Finalmente desprazámonos ata o Castro, onde coñecemos como eran as vivendas, a muralla e o foso que o arrodeaban, etc. Dende o castro puidemos contemplar unhas impresionantes vistas do meandro que describe o Miño no lugar coñecido como O Cabo do Mundo. Abofé, unha forma ben fermosa de rematar a nosa visita!.